NON TE PERDAS O I CERTAME DE FOTOGRAFÍA MOSTEIRO DE OIA

NON TE PERDAS O I CERTAME DE FOTOGRAFÍA MOSTEIRO DE OIA

Consulta  aqui como participar, é moi sinxelo!

Este ano o Mosteiro está cheo de actividades e esta é unha das novas: arrinca o I Certame de Fotografía, creado co obxectivo de fomentar, recoñecer, difundir, promocionar e premiar a creatividade na arte de fotografar o Real Mosteiro de Oia. E contamos cun padrino de luxo: HECTOR SANTOS- DIEZ

Valorarase, entre outras características a calidade e a creatividade, valorando especialmente aquelas que axuden a resaltar o espírito dun lugar tan incrible coma este.

1.       COMO PARTICIPAR

A participación é gratuíta e non require inscrición.

Poderanse enviar tanto fotografías do interior do Mosteiro como do seu exterior e contorna, neste último caso o monumento sempre será protagonista.

As fotografías deberán ir acompañadas dun título e dun breve texto explicativo (máximo 200 palabras) sobre a imaxe retratada e o motivo da súa elección.

As fotografías poderán ser en branco e negro ou cor. Non se admiten composicións (as composicións conteñen imaxes independentes combinadas para formar unha imaxe que modifique a orixinal).

As fotos poden editarse e pódenselles aplicar  filtros e outros efectos integrados na cámara.

As fotografías  interiores poderán realizarse tanto durante a visita ao Mosteiro nas quendas habilitadas as fins de semana, como os días de acceso gratuíto (todos os luns pola mañá en horario de 10 a 14  hrs).

2.       ENVÍO

As fotografías deberán enviarse unicamente en formato dixital.

Cada participante poderá presentar unicamente unha fotografía, que deberá enviar en formato ( JPG/ JPEG) a: info@fundacionbretal.com

O peso de cada envío / arquivo non deberá superar os 15  Megabytes. No correo deberán figurar os datos do fotógrafo, teléfono e correo electrónico de contacto.

A organización responderá cun correo de confirmación a cada envío. En caso de non recibilo non se asegura a participación no concurso. A organización non se fai responsable da non recepción dos traballos.

3.       PROTECCIÓN DE DATOS

Os datos persoais dos concursantes só utilizaranse para os usos que se establezan neste certame e trataranse segundo o disposto pola Lei Orgánica 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal.

4.       PRAZO DE PRESENTACIÓN

Desde o día de apertura do Mosteiro ao público, o 14 de abril ata o 29 de maio (ambos inclusive)

5.       XURADO E PREMIOS

O xurado composto por un fotógrafo profesional (Padriño do certame) e outros integrantes pertencentes ao padroado da Fundación Bretal seleccionará 5 fotografías.

Estas 5 fotografías publicaranse nas  rrss do Mosteiro ( IG e Facebook), coa debida referencia aos seus autores.

PREMIO DO PÚBLICO: á fotografía con máis Me Gusta. Lote de produtos do Mosteiro: cunca, imán, caderno, lapis, lámina e  tote  bag.

PREMIO DO XURADO: Lote de produtos do Mosteiro (cunca, imán, caderno, lapis, lámina e  tote  bag) + 50 €