Sábado, 23 de abril

11:30 hrs – 13:30 hrs

Prezo entrada 6€

*Espectáculo recomendado para nenos a partir de 3 anos

*Nenos menores de 3 anos gratis

Raquel Queizás axudada polo monxe Frei Anselmo e a súa cabra contaravos a historia máis famosa dos monxes artilleiros. Se tes un disfrace de pirata non dubides en traelo!

Despois unha persoa moi especial levaravos a percorrer o mosteiro e coñecer a todos os seus habitantes.

E este ano, ademais, da man da Asociación Leira Moreiras coñeceremos os cabalos Pura Raza Galega ( PRG), unha raza autóctona en perigo de extinción, criados historicamente nas montañas de Oia polos monxes do Mosteiro.

E coa túa entrada da Treboada tes desconto nos restaurantes A Camboa e A Raiña!!