1.414 A. D. 

«1414 A. D. – Son tempos aciagos. Desde hai máis de 35 anos a cristiandade atópase dividida polo chamado Cisma de Occidente. En Castela, a orde do Císter escolleu un discreto mosteiro a beiras do Atlántico onde os seus principais reuniranse para debater este espiñento asunto. Pero un inquietante suceso está a piques de sacudir os muros da abadía… »

Un xogo en vivo, nun auténtico mosteiro medieval

Concilium é un xogo en vivo para 30 persoas que inclúe unha visita pola abadía, un aperitivo e un traxe de época para o teu personaxe. Convérteche en monxe, servo ou peregrino do século XV e mergúllache no mosteiro medieval de Santa María de Oia para revelar un misterio, resolvendo distintos enigmas e interactuando cos demais personaxes do xogo, cada un con papel e un propósito que cumprir.

Concilium estará dispoñible soamente de abril a setembro. Consulta as datas dispoñibles e reserva a túa entrada. As prazas son limitadas.

QUEDAS A COMER EN OIA?

Presentando a túa entrada de Concilium no restaurante/ tapería A Gamboa (a 150 metros do mosteiro) obterás un 10% de desconto na túa consumición… Goza dun día inesquecible en Oia!.

Condicións do servizo

  • A idade mínima para participar en  Concilium é de 16 anos.
  • O prezo da actividade é de 29,95 euros por persoa, e a duración aproximada é de 3 horas.
  • A puntualidade é importante para o bo funcionamento de  Concilium. Se un xogador atrásase máis de 15 minutos a súa participación poderá ser cancelada.
  • No caso de que un xogador non puidese asistir no día e hora acordados deberá comunicalo a través do correo electrónico á dirección concilium@realidadalternativa.com coa maior antelación posible.
  • É necesario un mínimo de 20 participantes para levar a cabo a actividade. De non conseguirse esta cifra un día antes da visita poñerémonos en contacto contigo para recolocarche ou devolverche o teu diñeiro.
  • A actividade inclúe: unha visita guiada polo mosteiro, un aperitivo e o xogo. A organización ocuparase de proporcionarche todo o necesario para encarnar un dos personaxes do xogo, incluíndo o disfrace correspondente.
  • Vas visitar un espazo conservado, non restaurado, polo que o xogo desenvolverase nas zonas acoutadas para iso estando prohibido o acceso ás zonas debidamente sinalizadas.
  • Todos os participantes deberán aterse ás indicacións do persoal da organización durante o desenvolvemento da actividade. A organización resérvase o dereito de admisión.
  • O desenvolvemento do xogo non require, en ningún caso, o uso da forza bruta.
  • Todo o material facilitado durante o xogo, incluíndo os disfraces, atrezo, mobiliario e elementos de ambientación, debe ser tratado co debido coidado e respecto.
  • Se tes algún tipo de intolerancia alimentaria, por favor,  fáinolo saber.
  • En caso de cancelación por parte do cliente só terase dereito ao reembolso do 50% do importe abonado.

AVISO SOBRE COVID-19

Para que poida realizar a súa visita con total tranquilidade, adoptamos todas as medidas de seguridade necesarias. O noso persoal indicarallas antes de comezar a visita. Pedimos que traia máscara, aínda que as distancias de seguridade están garantidas. Lembra que a visita ao mosteiro realízase en amplos espazos interiores e exteriores. O aforo estará sempre limitado segundo indican as autoridades sanitarias.
Lembra: se tes síntomas compatibles co COVID-19, non acudas á visita, tentaremos trasladalo noutra data ou devolveremos o teu diñeiro.