Inclúe a visita á exposición permanente “Os presos del Mosteiro: memoria da guerra civil española”

NORMAS DA VISITA
- A igrexa non pertence ao Real Mosterio de Oia e, por tanto, non está incluída no percorrido da visita.
- A visita ao Real Mosteiro de Oia inclúe un percorrido parcial por zonas interiores e exteriores do Ben de Interese Cultural, así que che recomendamos que veñas con roupa cómoda.
- Convidámosche a vir coa mente aberta. Non estás a visitar un museo, nin un espazo restaurado; senón un mosteiro en ruínas, aínda que estabilizado e desexando poder rehabilitalo.
- Ofrecemos un prezo reducido para persoas con diversidade funcional pero advertimos que o percorrido da visita pode expor dificultades a persoas con problemas acusados de mobilidade.
- As persoas en cadeira de rodas non poderán visitar a totalidade do recinto, pois o itinerario da visita non se atopa acondicionado ao completo.
- Os nenos sempre deberán estar vixiados polos seus responsables, lembrade que visitades un recinto en vías de restauración.
- Axúdanos a manter limpo o Mosteiro. Non tires lixo dentro das instalacións.
- En condicións meteorolóxicas adversas, o Mosteiro se reserva a posibilidade de cancelación da visita. Nese caso as reservas realizadas previamente recolocaranse noutros días ou se devolverá o seu importe.

Esperamos que poidas coñecer, gozar e namorarche deste espazo tanto como o estamos nós.
Trátase dun espazo único e en proceso constante de mantemento, polo que a túa colaboración respectando as normas de seguridade é fundamental.
Grazas pola túa colaboración e esperamos que goces da visita!
6€
TARIFA
XERAL
3€
TARIFA
REDUCIDA
Gratis
MENORES
(de 7 años)
*TARIFA REDUCIDA: nenos entre 7 e 14 anos, maiores de 65 anos, diversos funcionais, docentes, guías turísticos, familia numerosa. Imprescindible presentar carné
AVISO SOBRE COVID-19
Para que poidas realizar a túa visita con toda tranquilidade adoptamos todas as medidas de seguridade necesarias. O noso persoal indicarache as mesmas antes de empezar a visita. Por favor, lembra que para acceder ao recindo debes levar MÁSCARA*. Lembra que a visita ao mosteiro realizase en espazos interiores e exteriores de gran amplitude. A capacidade máxima das visitas estará sempre limitada ao que indiquen as autoridades sanitarias LEMBRA: se tes síntomas compatibles co COVID-19 non acudas á visita, trataremos de recolocarche noutra data ou che devolveremos o teu diñeiro.
No caso de estar exento de usar máscara, deberase xustificar co correspondente certificado médico